viernes, 28 de septiembre de 2012

Los PePetas ya están 'jartos' del PP también.

No estoy segura de cómo funciona el asunto a día de hoy, pero recuerdo los días en los que yo estudiaba Psicología en la Facultad de Filosofía y Ciencias de la Educación (Psicología era como Catalunya, no era independiente todavía). Era una facultad muy conservadora, con mogollón de 'profes' del Opus Dei y de derechas perdidos. Gran parte de ellos pertenecían a la "Xunta de Goberno" del COPG (Colegio Oficial de Psicólogos de Galicia). Precisamente por eso me sorprendió a cañonazo la introducción del boletín de Mayo-Junio que reproduzco a continuación. *Está en gallego pero se entiende perfectamente. No me seáis tiquis-miquis los castellanos de Castilla, que todas las lenguas romance son similares y quien entiende castellano (y si ha estudiado latín en el 'insti' más aún) puede entender italiano, gallego, portugués, catalán, y hasta sardo. Lo publicaría en español de España sin problemas, pero no me apetece nada escribir toda la traducción. Haced un esfuerzo, MERECE LA PENA!!! Y por si acaso alguien se encuentra sin ánimo y/o imaginación suficiente como para intentar traducir, aquí va un pequeño 'glosario' con las únicas palabras con las que un castellano-parlante pudiera tener problemas: Aínda = Aún; Esvaídos = Desvanecidos; Abafador = Asfixiante; Rachar = Romper; Leas = Enredos
A INDEFENSIÓN. A situación de medo e desesperanza diante do futuro paraliza. É o que ocorre coas persoas deprimidas, que pensan, senten e compórtanse con indefensión como dicía Seligman. A indefensión é o proceso polo que un organismo aprende que as consecuencias son independentes do comportamento, o que conduce a un estado de estupor e incapacidade percibida para resolver calquera situación de ameaza. A indefensión aparece cando se perde o control das consecuencias do propio comportamento. Isto é o que nos está ocorrendo de forma individual e colectiva. Por iso estamos paralizados ante o retroceso ético, democrático e económico que padece a nosa sociedade. Cada día somos máis pobres en dereitos e oportunidades para construír un futuro mellor, é máis difícil ou imposible para unha ampla maioría cidadá acceder a bens e servizos públicos, que hai un par de décadas considerabamos imprescindibles e indiscutibles para progresar na igualdade e mellorar socioeconomicamente, porque sen igualdade, sen dereitos e sen xustiza non hai democracia nin progreso económico. Pensabamos e traballabamos coa idea de construír un forte Estado de Benestar que redistribuíse as riquezas e mellorase as condicións de vida da maioría da poboación… Aínda tiñamos presente que ese modelo foi o que deu saída a unha Europa deprimida logo da II Guerra Mundial, e que era o modelo distintivo do vello continente, fronte ao modelo do capitalismo americano e do socialismo ruso. Hoxe en día, esvaídos os referentes ideolóxicos e políticos, depende o noso futuro (profesional, familiar e persoal) dos valores da bolsa e das primas de risco e intereses bancarios, algo absolutamente fora do “locus de control” de calquera persoa normal. Por iso, sufrimos de indefensión. Desesperanza e abatemento. O COPG é consciente de que esta situación ten un impacto psicosocial abafador sobre a vida das persoas. Polo sufrimento ocasionado sobre quen non está en disposición de defenderse, deprimido e sen expectativas. Os pasos que calquera profesional indicaría nesta situación son buscar/localizar convenientemente os responsables da situación e rachar así co interesado sentimento de culpabilidade creado sobre toda a poboación: “todos somos responsables, vivimos por encima das nosas posibilidades”, porque en absoluto foi así, a maioría cumpriamos cos nosos traballos e procurabamos os nosos soños: unha vivenda digna, un posto de traballo ben retribuído e con dereitos sociais conseguidos logo de moito tempo de loita sindical e profesional, unha sanidade pública de calidade que garantise a mellor atención a todos e todas nos momentos máis delicados e un ensino público que garantise a igualdade de oportunidades e procurase un futuro mellor. Si é certo que mentres a maioría estaba nestas leas outros tentaban sacar vantaxe: recalificando e poñendo en venta todo o solo, descapitalizando o patrimonio común, primeiro as infraestruturas e comunicacións (venta e privatización de autoestradas e empresas de telefonía) e a sanidade e educación para así satisfacer os intereses dunha clase empresarial e social que tiña poucos reparos co patrimonio público e que convivía plácidamente con representantes políticos, nada defensores do público e de comportamento “pouco exemplar”, e en casos, comprobadamente corruptos. Tendo claro o “locus de control” hai que esixir responsabilidades. Tratar de transformar a culpabilidade e indefensión en rabia e indignación, para colectivamente construír un sentimento de inxustiza que nos permita localizar e analizar a causalidade e responsabilidades e comezar a recuperar enerxía e optimismo para camiñar pola senda da recuperación de valores comunitarios sobre os que reconstruír os espazos públicos, a dignidade da política e os necesarios dereitos individuais e colectivos… pero isto será obxecto de reflexión dunha próxima editorial. COPG, Circular 236. Maio/Xuño 2012

No hay comentarios:

Publicar un comentario